HomesociedadePicnic reivindicativo no Malecón de Monforte, o 29 de xuño en defensa...

Picnic reivindicativo no Malecón de Monforte, o 29 de xuño en defensa do Anchoas

A plataforma cidadá Salvemos o Malecón convoca un acto simbólico e festivo en defensa da cervexaría Anchoas, emblemático establecemento situado no Malecón de Monforte e ameazado de peche por decisión das autoridades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto, que terá lugar o domingo, 29 de xuño, ás 13:00 horas, consistirá nun picnic veciñal aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de amosar de forma pacífica pero contundente o rexeitamento social ao peche dun espazo que forma parte do patrimonio emocional e cultural da cidade.

O Anchoas, en funcionamento desde o ano 1963, explica a Platafoma, que é moito máis ca un bar, “representa un lugar de encontro interxeracional, de convivencia e memoria colectiva para moitas xeracións de monfortinas e monfortinos.

Salvemos o Malecón insiste, “queremos defender o Anchoas non só como negocio, senón como símbolo vivo da nosa identidade común. Non imos permitir que desapareza sen que a voz da veciñanza sexa escoitada”.

Para o picnic cada persoa deberá aportar a súa propia comida para celebrar a actividade nun ambiente festivo e familiar, con música e distintas accións simbólicas.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...