HomeCultura50 anos da Escola Municipal de Música de Sober

50 anos da Escola Municipal de Música de Sober

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola Municipal de Música de Sober vén de celebrar o seu festival de fin de curso. Conmemoraron tamén o seu medio século de vida con moita música e unha tarta para todos e todas.

A celebración dos 50 anos da Escola prosegue este domingo co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís no que van participar a Banda Infantil de Boborás, a Banda Infantil e Xuvenil de Vilanova dos Infantes e Banda Infantil e Xuvenil de Sober. Ás 13:00 horas no Centro Sociocultural.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que cada ano a matrícula da Escola Municipal de Música medra, acollendo a alumnado non só da vila senón de poboación próximas e incluso doutras provincias. Ademais, a Escola suma cada ano novas ensinanzas musicais, o que permite que sexa unha extraordinaria canteira da Banda de Música de Sober, unha formación con máis de 160 anos de historia.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...