HomeDeportesO equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

Esta iniciativa cobra especial relevancia ante a participación do equipo de PRODEME na Copa Campións da Fundación ACB 2026-2027, unha competición de baloncesto dirixida a persoas con discapacidade intelectual que promove a inclusión, a convivencia e o espírito deportivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo integrado por persoas usuarias da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, nun encontro que puxo de manifesto o valor do deporte como ferramenta de inclusión social, participación e igualdade de oportunidades.

Na entrega participaron o adestrador do Río Breogán, o director xeral do club, Salva Arco; o capitán do equipo, Erik Quintela; o director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada; e a directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena, que destacou a importancia de impulsar iniciativas que contribúan a eliminar barreiras e a garantir a igualdade de oportunidades, “a inclusión non pode quedar só nas palabras, senón que debe traducirse en oportunidades reais de participación. O deporte é unha extraordinaria ferramenta para construír unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva”.

A colaboración entre a Fundación Breogán, PRODEME e a UNED de Lugo reflicte o compromiso destas entidades coa inclusión e coa promoción de valores como o respecto, o compañeirismo, a superación persoal e o traballo en equipo.

Con esta entrega de equipacións, as entidades participantes quixeron transmitir o seu apoio aos deportistas de PRODEME ante os seus próximos retos deportivos, demostrando que o baloncesto é moito máis que unha competición: é tamén un espazo de encontro, integración e oportunidades para todas as persoas

ÚLTIMAS

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de...

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...