HomeDeportesA Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Estas instalacións, que dispoñen de piscina cuberta climatizada cos correspondentes vestiarios, dúas zonas de ximnasio, sauna e servizo de cafetería, teñen horario de 8:00 a 13:00 e 16:30 a 22:30 de luns a venres e durante as fins de semana, de 10:00 a 14:00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia, nesta ocasión desde a concellaría de Deportes levouse a cabo o pintado do interior e instalouse unha silla mecanizada para facilitar o acceso ao vaso da piscina por parte das persoas con problemas de mobilidade.

Para darlle este lavado de cara ao interior das instacións foi preciso limpar toda a pintura vella e posteriormente aplicouse a nova pintura específica para este tipo de interiores no teito, nos paneis de madeira, nas paredes e nos propios vasos.

As melloras na Piscina Municipal Climatizada de Chantada complétanse coas obras que se veñen de desenvolver na rúa Serra do Faro, despois dos danos provocados polo temporal do pasado inverno. A nova rúa conta cunha senda peonil para garantir a seguridade no tránsito e reestruturáronse os aparcamentos creando ademais 15 novas prazas de estacionamento.

Silla mecanizada Pîscina Climatizada Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de...

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...