HomeCulturaPremios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 en...

Premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 en Monforte

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, entregou os premios aos gañadores na Biblioteca Municipal Poeta lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 púxose en marcha como parte da programación que o Concello de Monforte desenvolve dentro do programa das Letras Galegas. Estivo aberto ata o pasado 19 de maio e o seu obxectivo principal foi impulsar e por en valor o uso da lingua e da cultura, como sinal de identidade.

Unha vez reunido o xurado do certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos e a Biblioteca Provincial de Lugo, a Concelleira de Cultura, procedeu á entrega dos diplomas e premios aos gañadores do mesmo que se reuniron o pasado 19 de xuño ás 13:00 horas na Casa da Cultura para recollelos persoalmente.

PREMIADOS E PREMIADAS

Bo apartado de narración, na categoría de 12 a 16 anos o gañador foi Agustín Rodríguez, do Colexio Escolapios. Os premiados e premiadas de 9 a 11 anos, foron: Daniel Fontela, Lucía Sánchez e Sofía Vázquez (os 3 dos Escolapios).

En debuxo, os premiados/as ata 8 anos foron: Xoel López (A Gándara) Arwa Azizi (A Gándara) e Breixo Rodríguez (Ferroviario). De 9 a 11 anos levaron galardón: Breixo Fernández (Ferroviario), Manuel Rodríguez (Torre de Lemos) e Lucía Eguren (Ferroviario). E finalmente, na categoría de 12 a 16 anos: Lucía Gallego, Antía Sarmiento e Irea González (todas do Ferroviario).

Marina Doutón, felicitou a todos os rapaces e as rapazas pola calidade das obras presentadas, e animounos a que volvan participar neste certame nas vindeiras edicións, resaltando a calidade dos traballos presentados una ano máis na defensa e posta en valor da nosa cultura.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...