HomePolíticaO PP esixe no Senado explicacións pola falta de conectividade en Folgoso...

O PP esixe no Senado explicacións pola falta de conectividade en Folgoso do Courel

Os senadores afean que “o Goberno de España presuma publicamente de pechar a fenda dixital ao lograr garantir o acceso a banda ancha ultrarrápida ou á telefonía ao 100% da poboación o acceso a prezo alcanzable, a realidade é que grandes áreas do noso territorio ven privados na práctica destes servizos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares explican que os problemas de acceso a internet, fibra óptica, cobertura móbil e fixa son habituais en moitas zonas da provincia de Lugo, especialmente nos concellos da montaña coma Folgoso do Courel.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, trasladou aos senadores populares as dificultades para recibir servizos de conectividade o que xera problemas no día a día dos cidadáns e prexuízos para a actividade económica. Agora José Manuel Balseiro e Juan Serrano piden explicacións ao Goberno de Sánchez de xeito formal.

Esixen por escrito explicacións sobre as iniciativas que está a adoptar para corrixir esta situación, se ten previsto un estudo integral sobre a cobertura da rede de fibra óptica no municipio e se realiza seguimento das solucións adoptadas en Folgoso do Courel en materia de conectividade para verificar que se corrixen eses problemas.

A alcaldesa explica que “desde xuño do 2022 seguimos agardando que o Ministerio estenda ás demais aldeas a fibra óptica que chega dende Quiroga ata os dous núcleos máis grandes: Folgoso e Seoane do Courel. Na actualidade a conexión que teñen as aldeas é grazas ás actuacións da Xunta no 2015, pero o Ministerio non sabemos o que quere facer co concello de Folgoso do Courel”.

Os populares lamentan que “os veciños e veciñas de Folgoso do Courel non poidan gozar das tecnoloxías que permiten o acceso a internet de alta velocidade, fibra óptica, cobertura móbil ou mesmo teléfono fixo con chamadas de calidade” e subliñan que a conectividade “é competencia do Goberno de España”.

Así mesmo, defenden que “a conectividade é fundamental para tanto os fogares coma os negocios do municipio poidan dispoñer de igualdade de condicións que noutros lugares ou que as empresas instaladas en polígonos industriais. Para asentar poboación no rural é necesario achegar estes servizos para que a xente poda estudar, traballar e relacionarse a través das tecnoloxías dixitais”, sosteñen.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...