HomeTerra de LemossanidadeO hospital de Monforte sen un médico rehabilitador e un pinche de...

O hospital de Monforte sen un médico rehabilitador e un pinche de cociña

A central sindical de CIG-SAÚDE no Hospital Comarcal de Monforte denuncia a supresión dunha praza de pinche de cociña por parte da dirección do centro e a marcha dun médico rehabilitador.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG aclara que o traballo de pinche é moi repetitivo e que hai varios profesionais con postos adaptados por saúde laboral. Cren desde o sindicato que ao quitarlles unha praza, a carga de traballo será mais alta e haberá mais lesións.

A eliminación da praza de pinche, aseguran que se produce para liberar ao cociñeiro xefe das tarefas de cociña e pasalo a xefatura, contratanto a outro cociñeiro. Desde a CIG apuntan “Non estamos en contra de que o xefe de cociña teña só funcións de xefe, si estamos en contra de que sexa a costa doutro compañeiro, neste caso unha pinche”.

En canto ao médico rehabilitador aseguran que era un especialista xa asentado en Monforte que marchou por non terlle ofertado un contrato “decente”.  A CIG fala de desidia da dirección do hospital e cren que marcharán todos os médicos por contratos precarios, en lugar de facerlles contratos estables como reclama o sindicato. Engaden  “Vímonos de enterar tamén de que na OPE non vai vir o dixestivo prometido e o cardiólogo temos serias dúbidas de que se incorpore.”

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...