HomesociedadeConcurso de Pintura Rápida no CC Ponte Vella de Ourense

Concurso de Pintura Rápida no CC Ponte Vella de Ourense

Será o vindeiro 28 de xuño, entre as 10:00 e as 15:00 horas, e as inscricións están abertas ata o día 27 na web do centro comercial. Concederanse dous premios, o primeiro, de 1.000 euros e un segundo, de 500.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 28 de xuño, entre as 10:00 e as 15:00 horas, celebrarase a I Edición do Concurso de Pintura Rápida modalidade e estilo libre e organizado polo Centro Comercial Ponte Vella coa colaboración da Fundación CUM LAUDE.

O certame desenvolverase baixo o título “Desde Pote Vella e a súa contorna” e a participación é totalmente aberta a calquera persoa sen límites de idade. Así, os interesados e interesadas deberán inscribirse antes do 27 de xuño por correo electrónico ou na web de Ponte Vella.

O sábado 28 de xuño, entre as 10 e as 11 da mañá, os participantes deberán acudir ao Centro Comercial para a selaxe e numeración dos soportes que deberán estar en branco con cor uniforme e ter unhas dimensións mínimas.

O FALLO

Coñecerase o mesmo día, ás cinco da tarde, e un xurado integrado por persoas vinculadas ao mundo da arte será o responsable de emitilo. Haberá dous premios: o primeiro, de 1.000 euros e un segundo premio de 500 euros. Todas as obras realizadas poderían estar expostas ata as seis da tarde para que o público asistente poida ter acceso á mesmas. As dúas obras gañadoras (o soporte físico) quedarán en propiedade do Centro Comercial para telas expostas.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...