HomeCulturaEn marcha Descubrir Quiroga, programa de dinamización turística que se desenvolve ata...

En marcha Descubrir Quiroga, programa de dinamización turística que se desenvolve ata outubro

Tras o éxito acadado o pasado ano, nesta nova entrega amplíanse os roteiros, pasando de 13 a 17, conservando algún dos anteriores pero tamén achegándose máis intensamente ao patrimonio material e inmaterial do municipio e incluíndo unha ruta infantil. As propostas ampliaranse ademais ata outubro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o mes de xuño xa se desenvolveron dúas actividades do programa Descubrir Quiroga, dúas etapas do Camiño de Inverno e este domingo, 29 de xuño, terá lugar a ruta, o Camiño do Ferradal. As propostas que agora seguirán nos próximos están financiadas pola Concellaría de Turismo de Quiroga en colaboración coa Deputación de Lugo.

O concelleiro de Turismo, Vicente Parra, destaca a importancia deste tipo de actividades para que as poboacións rurais non decaian, “O obxectivo é que Quiroga e o Xeoparque Montañas do Courel atraian turismo, un turismo sostible de pequenos grupos”.

Os roteiros do programa Descubrir Quiroga, teñen por finalidade, dar a coñecer o patrimonio natural, cultural, gastronómico e etnográfico quirogués e do Xeoparque Montañas do Courel, ademais de crear mercado turístico, conseguindo que os visitantes se acheguen a comer, a durmir e a realizar rutas durante varios días.

Natureza única e salvaxe -en terra (rutas), aire (parapente) e auga (piragüismo e barranquismo)-; cultura e historia, artesanía local conforman este programa de dinamización turística que tamén se achega á gastronomía.

Acompañaron a Vicente Parra na presentación das actividades, o Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, a Concelleira de Igualdade, Educación e Infancia, Maite Pérez Grao; e o presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro. Castro amosou o apoio a esta iniciativa por servir de axuda ao desenvolvemento sostible do territorio, poñendo en valor un dos grandes potencias do xeoparque, o patrimonio.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...