HomesociedadeA Pobra do Brollón celebra o 'Orgullo Guímaro'

A Pobra do Brollón celebra o ‘Orgullo Guímaro’

Será este venres 27 de xuño a partir das 20:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo. Ademais de inaugurarse unha exposición, o acto contará cunha táboa redonda e un recital poético.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón non fallará á súa cita co Día do Orgullo LGBTIQ+, se ben este ano farao adiantando a celebración ao venres 27 de xuño.

A partir das 20:00 h. terá lugar a inauguración da exposición ‘Saír da norma’, unha mostra onde poder afondar máis no concepto de diversidade sexual e de xénero. “Desvelaremos o mecanismo que opera detrás do que chamamos ‘normal’ e coñeceremos persoas referentes no panorama galego actual”, comentan dende o concello.

A continuación organizarase unha mesa redonda baixo o título ‘Desviar as letras, diversificar a memoria’. Estará moderada por Branca Albán (Coop. Outonía) e nela confluirán diversas voces en torno á importancia de visibilizar ao colectivo LGBTIQ+ nas ruralidades a través da oralidade, a poesía, os contos, a performance, a música…

Os actos rematarán co recital poético-musical ‘Os nomes íntimos’, da man de Lucía Aldao e Samuel Merino.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...