O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6 de xullo. O dispositivo de circulación previsto, e que executará a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento.
- Dende o domingo, 29 de xuño, ás 8:00 h e ata o martes, 8 de xullo, ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio para facilitar a instalación e posterior desmontaxe dos stands que participan no evento.
- A partir do mércores, 2 de xullo, desde as 8:00 h e ata o luns día 7 de xullo ás 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.
Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados, e si a execución dos traballos de desmontaxe finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata. Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.