HomeTerra de LemossanidadeChantada quere Sanidade denuncia a "situación de asfixia" do Hospital Comarcal de...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

A Plataforma asegura que en comparación con outros anos, "este primeiro semestre destacou polo elevado número de pacientes que acudiron ao Hospital Comarcal de Monforte. Como consecuencia, o servizo de urxencias mantívose nunha situación de asfixia, que tamén se trasladou ás plantas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a Plataforma, “esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez dunha sanidade pública incapaz de adaptarse ás demandas en tempo e forma, poñendo en risco aos doentes e cunha excesiva presión para os traballadores.”

A través dun comunicado, a Plataforma traslada que o servizo de urxencias segue colapsado, “é habitual ver a sala de espera ateigada, os boxes ocupados, despois de horas moitos destes pacientes reciben a alta tras a consulta ou ben ingresan en planta, pero aos poucos días regresan por recaídas. Segundo os datos dispoñibles, estas recaídas son moito máis frecuentes do habitual, o que nos leva a concluír que se lles priva dun tempo adecuado de recuperación con altas prematuras, priorizándose a liberación de camas para novos ingresos.”

Informa a Plataforma de que esta situación agudízase co anuncio da dirección do Hospital de pechar ata finais de setembro a planta de Especialidades, “Este peche fará que os pacientes sexsn trasladados a outras plantas, como as de Medicina Interna ou Traumatoloxía, dándose casos nos que conviven doentes infecciosos con persoas recentemente operadas ou mesmo en planta de maternidade. Inténtase evitar estas situacións pero a falta de recursos provócaas.”

Chantada quere Sanidade, orixinada no 2023 en Chantada con veciños deste concello e do de Carballedo, demanda unha Sanidade de calidade, dende o eido local, na área sanitaria na que se inscriben e mesmo a nivel galego. “Debemos recordar que coas vidas non se xoga e que a Sanidade Pública é un dos bens máis prezados que temos como sociedade”, conclúen.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...