HomePolíticaIniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns dúas mocións, nunha piden incrementar a partida de subvencións de concorrencia competitiva e a subvención para as Festas de San Antonio, noutra reclaman a remunicipalización do abastecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de concorrencia competitiva, consideran que hai moito desfase entre o que se destina para as Festas Patronais e o que se destina ás festas de barrios e parroquias. Así solicitan incrementar a partida de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2026 en 75.000€ e estudar as distintas posibilidades para incrementar ata os 12.000 euros a subvención para as festas do San Antonio.

A outra moción refírese é remunicipalización do abastecemento municipal. Tódolos partidos políticos recibiron en decembro do 2023, o informe remitido dende o goberno municipal que fai referencias ás necesidades, prioridades e puntos débiles na nosa rede de abastecemento. Con estes antecedentes e tralo acordo do Consello de Ministros de destinar 10 millóns ao abastecemento de Monforte, Esperta Monforte volve reclamar a remunicipalización do servizo. A isto engaden que o contrato de Aqualia remata en xuño do 2026. Piden con esta moción estudar tamén a posibilidade de as tubaxes se arranxen con cargo ao concello.

Esperta Monforte presenta a pleno dúas preguntas e un prego, co último solicitan o arranxo da beirarrúa, levantada na rúa Correoira á altura do supermercado. No apartado de preguntas interésanse por se o concello vai devolver ou pagar os terreos do Parque do Hospital a Gas Monforte SL, despois do que o Tribunal supremo non admitira a trámite o recurso de casación contra a sentenza que obliga ao concello a devolver ou pagar os terreos; e preguntan tamén, cantas horas de utilización dos campos de fútbol do Calasancio executou o Concello de Monforte a través do convenio de cesión que teñen asinado ambas entidades

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...