HomesociedadeTomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Ademais do pregoeiro, José Luis Iravedra, houbo unha alta presencia de autoridades e o recinto feiral abría as súas portas coa actuación do grupo tradicional Searas --previa á inauguración protocolaria-- e rematou co concerto de Lucía Pérez. O Festival celébrase ata o domingo 6 de xullo no Paseo do Malecón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un convenio coa D.O Ribeira Sacra para seguir modernizando a viticultura e previr enfermidades da vide.

Pola súa banda, o pregoeiro José Luis Iravedra, presidente da Asociación Cultural e Gastronómica O Tizón, agradeceu a oportunidade de ser nomeado como pregoeiro do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos, un evento ao que calificou de “moi acertado e de proposta única e diferente pola súa imaxe coidada tanto en deseño como na súa ubicación privilexiada”. Así mesmo, fixo un recoñecemento aos viticultores, adegas, e distribuidores “xa que o éxito conseguido na actualidade, é froito de o traballo que todos eles fixeron durante moitos anos, ata estar presentes nas cartas de viños dos mellores restaurantes”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...