HomesociedadeEste 11 de xullo premiaranse os mellores viños da colleita 2024 na...

Este 11 de xullo premiaranse os mellores viños da colleita 2024 na DO Ribeira Sacra

Este venres, 11 de xullo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará a XXIX edición da súa tradicional Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Nesta cita anual premiaranse os mellores viños tintos e brancos da colleita 2024, e viños doutras colleitas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Cata de Viños da Ribeira Sacra desenvolverase en catro fases:

  • Recollida de mostras nas adegas do 27 de xuño ao 7 de xullo. Recóllense 3 unidades ao azar do stock do viño presentado.
  • Precintado das mostras, realizado o 9 de xullo.
  • Precata a cegas o 10 de xullo para facer unha selección dos viños finalistas que serán catados novamente ao día seguinte. Seleccionaranse como finalistas 10 viños tintos, 6 viños brancos e 6 viños doutras colleitas.
  • A cata final dos viños finalistas, que terá lugar o venres 11 ás 12:00 h.

Nesta edición participan 21 adegas, que presentaron un total de 65 mostras:

  • 21 viños tintos.
  • 18 viños brancos.
  • 26 viños doutras colleitas.

Os viños compiten en tres categorías:

  • Viños Tintos: Ribeira Sacra Tinto colleita 2024.
  • Viños Brancos: Ribeira Sacra Súmmum Branco colleita 2024.
  • Viños doutras colleitas: viños barrica da colleita 2024 e viños doutras colleitas distintas á de 2024 que non participaran noutras edicións deste concurso.

O xurado, presidido polo director técnico do Consello Regulador e supervisado polo notario de Monforte de Lemos, está composto por sete membros do panel de cata da D.O. Ribeira Sacra.

O panel de cata nesta edición de 2025 está formado polos técnicos Maira Ratón Fernández, Gelín Fernández, Bruno Lovelle, Rosa Domínguez Domínguez, Pablo Íbañez, José Felicíisimo Pereira Freijido, José Antonio Fernández Somoza.

A entrega de premios será ás 19:00 h no hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, en Pantón. Concederanse medallas de ouro, prata e bronce aos mellores viños tintos e brancos, e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Cada premio vai acompañado dun trofeo exclusivo, elaborado en barro polo artesán Elías de Gundivós.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...