HomesociedadeCSIF denuncia a privatización de historias clínicas, "que comprometerá a protección de...

CSIF denuncia a privatización de historias clínicas, “que comprometerá a protección de milleiros de pacientes en Monforte”

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) esixe á Consellería de Sanidade que paralice de inmediato a licitación do servizo de codificación de diagnósticos e procedementos de altas hospitalarias nos hospitais públicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CSIF reclama que as historias clínicas se cubran mediante as listas de contratación de Técnicos Superiores en Documentación Sanitaria, “que actualmente contan con 413 profesionais dispoñibles, ou, na súa falta, coa creación de novas prazas estruturais”. Aseguran que esta licitación implicará que o persoal da empresa adxudicataria teña acceso ao sistema de historias clínicas desde fóra da rede do SERGAS para poder consultar toda a documentación que necesitan para a codificación (informes médicos, histolóxicos, cirúrxicos).

Segundo o prego da licitación, un 30 % do persoal da empresa traballará fisicamente no Hospital Universitario LucusAugusti, mentres que o 70 % restante accederá ás historias electrónicas a través dunha conexión VPN externa. CSIF alerta de que este modelo poñerá en risco a confidencialidade dos datos de milleiros de pacientes e externaliza unha actividade estratéxica para a seguridade e a calidade asistencial, “A codificación clínica afecta a unhas 25.000 altas anuais (23.000 hospitalarias e 2.000 de hospitalización a domicilio) entre as tres áreas da provincia”.

CSIF Sanidade lembra que o Sergas dispón xa dunha categoría profesional que asume estas funcións e de persoal cualificado cun mínimo de cinco anos de experiencia, tal como esixe o propio contrato que agora se pretende externalizar. “Non ten sentido privatizar cando existe persoal formado, avaliado e dispoñible nas listas públicas. A Xunta debe apostar pola fortaleza da sanidade pública, non pola súa fragmentación”, subliña, Carlos Castro, portavoz de CSIF Sanidade.

A central sindical denuncia que este intento de privatización contradi os principios de eficiencia e transparencia e supón un novo paso na perda de capacidade interna do sistema público de saúde galego. CSIF urxe á Consellería para investir os recursos previstos en contratación directa e a crear as prazas necesarias para garantir un servizo de codificación seguro, estable e plenamente integrado na rede do Sergas

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...