HomeCulturaXabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en Samos co ciclo “Polavilas...

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en Samos co ciclo “Polavilas no paraíso”

Será este domingo 13 de xullo, ás 19:00 horas, e dentro do ciclo de concertos “Polavilas no paraíso” promovido pola área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campo da festa de Samos acollerá a actuación na que o músico e compositor Xabier Díaz ofrecerá un repertorio que repasa os catro discos editados desde 2015, coa pandeireta como instrumento central  e o acompañamento de Adufeiras de Salitre (The Tambourine Man, Noró, As Catedrais silenciadas e Axúdame a sentir,  publicado a finais de 2024).

A alcaldesa de Samos,, Chus López destacou que “é unha oportunidade única para disfrutar en Samos dun concerto destas características, cun dos grandes referentes da nosa música tradicional” e convidou á veciñanza de Samos e da comarca a asistir a actuación, que será gratuíta.

O deputado Daniel García sinalou a importancia da colaboración institucional para “programar concertos de gran formato en concellos pequenos e facer que a puxanza que a música tradicional e da música en galego está acadando nos últimos anos a todos os públicos, alén dos circuítos de festivais e dos grandes eventos musicais”.

Con ciclos como “Polavilas no paraíso” a Vicepresidencia da Deputación impulsa a colaboración co tecido asociativo e cos concellos, cun duplo obxectivo, fomentar a presenza da música tradicional e dos artistas e bandas de música en galego en festivais, celebracións populares e programacións musicais e facilitar o acceso á música en directo en todo o territorio da provincia.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...