O alcalde de Monforte, José Tomé, destaca a transcendencia dos estudos da historiadora, que ten entre as súas últimas publicacións a obra, Vida y obra del VII Conde de Lemos, a publicación máis importante realizada sobre a figura do Conde de Lemos e sobre calquera membro da Casa de Lemos. “Dona Manuela Sáez, resulta unha excelente embaixadora da súa cidade natal, xa que durante a súa traxectoria profesional e vital, sempre aproveita calquera ocasión que teña ó seu alcance, para ensalzar a nosa cidade como referente cultural histórico”, explica o alcalde.
Tomé asegura que, “resulta impagable para os monfortinos, a súa reivindicación da cidade de Monforte como referencia para os estudosos do arte, pola dificultade de atopar obras de arte do século XVII en Galicia, que poñen en valor o Museo da Compañía e o Museo das Clarisas con obras de escultores napolitanos e de Gregorio Fernández, que a Doctora Sáez reivindica cada vez que ten ocasión”.
José Tomé, tamén quixo poñer en valor o recoñecemento internacional da historiadora gracias ó seu traballo meticulosos e rigoroso durante toda a súa carreira, tal e como demostra o recoñecemento que lle acaban de facer en Italia otorgándolle a condecoración da insignia de “la Orden de la Estrella” co grado de comendadora, que lle foi imposta o pasado mes de xuño polo embaixador de Italia en España. Esta insignia está instituída para recoñecer a persoas que contribúen de forma destacada na promoción de relacións de cooperación entre Italia e outros países.
José Tomé aproveitou a ocasión, para agradecerlle en público a Dona Manuela a invitación que lle fixo para ser partícipe deste honorífico acto, dándolle a oportunidade de sentir un enorme orgullo por unha das veciñas de Monforte, mais insignes que temos na cidade.
Para rematar, o Alcalde quixo poñer en valor a traxectoria profesional da Doutora en xeografía e historia enumerando algunhas das publicacións mais importantes que fixo durante a súa dilatada traxectoria.
– Vida y obra del VII conde de Lemos, don Pedro Fernández de Castro, 2 volúmenes, Hércules Ediciones, 2023.
– COLECCIONISMO Y ALMONEDA DEL GRAN CONDE DE LEMOS, DON PEDRO FERNÁNDEZ DE CASTRO. Diputación Provincial de Lugo, 2018.
– DEL REINO DE NÁPOLES A LAS CLARISAS DE MONFORTE DE LEMOS. Escultura del siglo XVII en madera, Excma. Diputación Provincial de Lugo. 2012.
–La platería en Terra de Lemos. Excma. Diputación Provincial de Lugo. 2003.
–Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición. Ediciós do Castro. 2002.
–La platería en la diócesis de Tui. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2001.
–Arte de la platería en la mariña lucense. Siglos XVI, XVII y XVIII. (En colaboración con Yayoi Kawamura). Excma. Diputación Provincial de Lugo. 1999.
–La colección de platería Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1995.
–La platería en Monforte de Lemos. Excma. Diputación Provincial de Lugo. 1987.
–Domingo de Andrade, prestigioso arquitecto y desconocido inventor. (En colaboración con Begoña Mendizábal). Excma. Diputación Provincial de Lugo. 1987.
Libros en preparación: Libro diario privado de los gastos del VII conde de Lemos en Nápoles (1610-1616). La cocina de la Condesa doña Catalina de la Cerda y Sandoval. Correspondencia de los VII conde de Lemos (1610-1647). La saga femenina de la casa de Lemos en el siglo XVII.
“É incuestionable o mérito da historiadora monfortina, Dona Manuela Sáez, e por este motivo, estamos seguros de que a cidade de Monforte aceptará á nosa pregoeira das Festas Patronais do 2025 co respecto, admiración e cariño que se merece”, concluía o rexedor.

