Homesociedade171.000€ para a licitación do contrato de equipamento do complexo de Augas...

171.000€ para a licitación do contrato de equipamento do complexo de Augas Mestas

A institución provincial aprobou por 171.497,15€ a licitación do contrato de equipamento do complexo turítico de Augas Mestas no concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato, que conta cun prazo de execución de dous meses, divídese en dous lotes. O lote 1 que afecta a mobiliario en xeral e no que se inclúen elementos de protección contra incendios; contedores de lixo; equipamento para piscina, estantes; sofás; mobiliario para adecuar os vestiarios do camping e da piscina; así como dos aseos da cafetaría e os bungalows.

E outro segundo lote para mobiliario de cociña como forno de gas, cheminea ou lavalouzas; así como elementos para adecuar o comedor: mesas, cadeiras ou taburetes, entre outros. “Como vedes, cumprimos coa palabra dada e estamos a dar novos pasos para que Augas Mestas volva ser un espazo ao servizo da veciñanza. Un espazo que ademais, dinamizará a economía da zona, xerará novos postos de emprego e converterá esta instalación nun atractivo máis dentro da oferta turística da nosa provincia”, explica a deputada, Pilar García.

A Deputación de Lugo tamén aprobaba este venres investir máis de 3M€ na mellora da mobilidade na provincia, principalmente da zona de montaña. Trátase dos lotes 1, 2 e 3 que afectan aos municipios de: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil.

A Voceira recalcou que “debido a complexidade da súa orografía, licitamos estes lotes de xeito independente para garantir unha mellor xestión e unha atención especializada das necesidades desta zona. Este contrato, no que se inclúen as actuacións correspondentes de conservación e mantemento desta zona, conta cunha duración de dous anos e poderá prorrogarse por outro ano máis”.

Pola súa banda o PP asegura que en case dúas décadas non e fixo nada por Augas Mestas, a pesar das súas demandas. O voceiro provincial, Antonio Ameijide, sinalou que esta intención “chega moi tarde” xa que cun prazo de execución de dous meses para instalar o equipamento “non hai tempo material para poñelo en marcha este mesmo verán”.

Este área recreativa, construída no ano 1996, tiña como obxectivo dinamizar o turismo na Ribeira Sacra poñendo en servizo un área máis a disposición dos turistas que chegan á provincia, pero dende que o PSOE e o BNG chegaron ao goberno da Deputación “ningunha das dúas formacións tivo interese en poñelo en marcha, como certifica que baixo o seu mandato nunca abriron as súas portas”.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...