HomeEconomíaPlan para a xeración de emprego no rural da provincia

Plan para a xeración de emprego no rural da provincia

O plan diríxese aos 55 Concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes e con saldo vexetativo negativo nos últimos 10 anos. Espéranse crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación en colaboración co Goberno Central sacan adiante este proxecto dotado de 200.000 euros cos que os Concellos poderán solicitar axudas para formar a rapaces de 16 a 30 anos de idade, e insertalos laboralmente.

No Real Decreto 1234/2018 aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais que son as que mellor coñecen as necesidades do seu territorio.

O plan contempla varias liñas de actuación:

– Formación a mozos de entre 16 e 30 anos, que deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Os mozos seleccionados para formar parte deste programa recibirán formación gratuíta en distintos sectores punteiros na provincia e recibirán unha beca durante o tempo de aprendizaxe. Deste xeito, únese a demanda existente no tecido empresarial da provincia coa oferta, cubrindo o posto de traballo cun perfil formado na materia que necesitan. As empresas que participen nesta programación tamén recibirán axudas.

– Fomento do emprendemento. Entre os rapaces participantes neste proxecto, impulsarase o autoemprego e o emprendemento, ofrecendo axudas a mozos que teñen unha idea clara de negocio e queiran poñela en marcha.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...