HomesociedadeA Deputación financia un proxecto de dixitalización estratéxico para o sector vitivinícola

A Deputación financia un proxecto de dixitalización estratéxico para o sector vitivinícola

A Xunta de Goberno sacou adiante este venres adiante un acordo co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, para financiar un proxecto de dixitalización estratéxico para o sector vitivinícola da provincia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto desenvolverase ao longo de 2025, e ten dúas liñas de actuación fundamentais. A primeira é a instalación dunha rede de 12 estacións meteorolóxicas portátiles, unha por cada concello lucense incluído na Denominación de Orixe, e que permitirá monitorizar en tempo real as condicións climáticas en cada zona de produción, ofrecendo datos clave para previr enfermidades da vide, planificar tratamentos ou reducir custos.

A segunda actuación céntrase na implantación dun sistema integral de xestión dixital da Denominación de Orixe, baseado no software ANAWIN. Trátase dunha ferramenta que permitirá automatizar e centralizar todos os procedementos administrativos e técnicos da D.O, como por exemplo rexistros, certificacións, rastrexabilidade, ou facturación. Ademais, incluirá a creación dunha oficina virtual para as adegas, que facilitará a tramitación en liña e incorporará entre algunhas ferramentas: unha app de cata dixital para táblets, un sistema de seguimento de saldos e movementos de viño ou a firma electrónica para documentos oficiais.

Pilar García Porto enmarcou este apoio na estratexia da Deputación de Lugo de apoiar ao sector primario, “xa que a promoción e modernización do sector vitivinícola contribúe non só á economía local, senón tamén á conservación do noso patrimonio cultural, natural e ao asentamento da poboación no medio rural”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...