HomeDeportesXII Descenso Urbano Vila de Sarria o 25 e o 26 de...

XII Descenso Urbano Vila de Sarria o 25 e o 26 de xullo

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación colaboran co Descenso Urbano (DHU) Vila de Sarria, que celebra a 12ª edición os días 25 e 26 de xullo impulsado polo club de ciclismo DH Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club ciclista DH Galicia, que vén organizando o evento desde 2012, ultima os preparativos dunha nova edición, con dúas xornadas de espectáculo deportivo nas rúas da vila. O 25 de xullo, o DIRT Vila de Sarria, unha proba de saltos e das acrobacias dos participantes, na rúa Marqués de Ugena; e o 26 de xullo, o DHU, nun circuíto por diferentes rúas da vila, entre o campo da feira ata O Malecón.

Os asistentes tamén poderán desfrutar doutras actividades complementarias como concertos e actuacións para todos os públicos, ademais dunha zona gastronómica.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou á organización pola traxectoria desta cita que combina deporte, espectáculo e acción. “Esta proba estase a consolidar como unha referencia a nivel nacional na súa modalidade, cunha participación crecente e unha ampla repercusión mediática”, destacou o delegado.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, valorou “o traballo do DHG na organización que fai de Sarria un referente estatal desta modalidade, xenera unha gran afluencia de persoas e dinamismo nestes días e proxecta a imaxe de Sarria, grazas á atención e ao interese que poñen na promoción mediática e audiovisual”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...