Homesociedade150.000 euros para mellora da estrada provincial LU-P-1005, en Carballedo

150.000 euros para mellora da estrada provincial LU-P-1005, en Carballedo

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de rehabilitación integral dunha das principais vías de comunicación do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación, consistente na rehabilitación integral da estrada LU-P-1005 foi adxudicada á empresa Obras e Saneamentos Galicia S.L., que executará os traballos nun prazo previsto de tres meses.

Segundo informan fontes da Deputación Provincial de Lugo, as obras abranguen a totalidade da estrada, desde o seu inicio no lugar de Trasar, na parroquia de Cartelos, ata o punto quilométrico 5,693, no lugar de Rañadoiro, xa no límite coa provincia de Ourense, atravesando tamén a parroquia de Furco. O proxecto inclúe ademais o acondicionamento de preto de 500 metros do ramal que une esta estrada co lugar de Trasar de Sabugueiro, na parroquia de Buciños, mellorando así tamén a conectividade dos lugares máis afastados.

No que respecta ás actuacións previstas, estas consistirán na reapertura de cunetas para mellorar a drenaxe, na reparación de afundimentos localizados que comprometen a estabilidade do firme e na repavimentación completa da vía. A finalidade dos traballos é mellorar a seguridade e garantir unha mellor conservación da infraestrutura.

Trátase dunha vía fundamental para as comunicacións internas do Concello de Carballedo e para a conexión entre núcleos rurais dispersos, ademais de servir como acceso habitual para os servizos e actividades agrogandeiras da zona.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...