HomePolíticaO PP denuncia o “deficiente” arranxo realizado na estrada LU-P-5001, en Quiroga

O PP denuncia o “deficiente” arranxo realizado na estrada LU-P-5001, en Quiroga

O PP segue denunciando a falta de mantemento das estradas provinciais, "unha realidade en 66 dos 67 concellos da provincia, e, neste caso, Quiroga non é alleo a esta realidade que “sufrimos todos os lucenses”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto á presidenta local do PP de Quiroga, Rosa Arza, e o voceiro municipal, Adrián González, comprobaron o estado de mantemento da LU-P-5001, entre Ponte Barreiro e Villarbacú, que está recén arranxada desde Villarbacú ao tanque de Bustelo, pero no cruce das Eiras, cara Fisteus, está en mal estado, “pero o punto que presenta maiores deficiencias é na Goia, onde baixou un pouco a estrada e para tentar arranxalo cubrírona con terra”.

Antonio Ameijide denuncia que “ninguén pode entender que José Tomé, o PSOE e o BNG teñan nesta situación esta estrada provincial”, xa que “o máis normal é que cando se realizan uns arranxos se realicen ben”.

Unha situación que se engade á da estrada provincial LU-P-5002, que dá acceso ao Miradoiro da Conchada, unha estrada da que recientemente tamén se denunciou o seu mal estado. Nesta estrada, tras percorrela, comprobouse como hai fochancas de grandes dimensións, sinalización en mal estado ou curvas sen barreiras de seguridade con caídas de varios metros.

Dende o Grupo Provincial Popular denunciou “que hai anos que non se realiza nin o máis mínimo traballo de conservación, porque fochancas deste tamaño non aparecen nunha semana nin nun mes, son anos e anos de abandono”.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...