HomesociedadeA Galiña Azul de Chantada contará con servizo propio de comedor ao...

A Galiña Azul de Chantada contará con servizo propio de comedor ao longo do vindeiro curso

A Galiña Azul do Concello de Chantada funciona desde o 2008, aínda que o Concello de Chantada ofrece o servizo de escola infantil desde o 2003.

Publicado o

POR
Reacción
- Advertisement -

Foi despois de que o Concello de Chantada se adherira ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no 2008 cedera o uso do inmoble para a Galiña Azul, cando abriu as súas portas este servizo para atender a nenas e nenos dos 3 meses aos 3 anos.

A Galiña Azul do Concello de Chantada ofrece así un servizo integral de conciliación durante 11 meses ao ano. Esta oferta de atención mellorarase con servizo de comedor que comezará a funcionar no curso 2025-2026.

As instalacións contaban xa con cociña que agora se está acondicionando para poder facer comidas para o alumnado. Para a execución das obras o Consorcio Galego aporta case 48.000€ froito dun convenio que vén de asinar co Concello de Chantada para substituír o servizo de cátering por un servizo de cociña na propia escola e así mellorar a atención infantil ás 75 prazas que ofrece a Galiña Azul de Chantada.

Galiña Azul Chantada obras / Concello de Chantada

“É unha moi boa noticia, asinamos o convenio e adxudicouse a obra que se está facendo neste mes de agosto. Así poderemos poñer a funcionar a cociña que había, e tela en perfectas condicións para poder darlle aos cativos a comida propia feita aquí. Estamos moi orgullosos de como funciona esta gardaría que xa hai dous anos tivemos que ampliar cun módulo máis ata chegar ás 75 prazas actuais”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Mentres o Concello de Chantada executa as obras, á Xunta correspóndelle a contratación de persoal propio para atender o servizo. Con todo pódese seguir dando resposta ás necesidades de conciliación das familias que utilizan a Galiña Azul de Chantada.

As instalacións abrirán de novo as súas portas en setembro co mesmo persoal, quedaría pendente de cubrir entre setembro e outubro a praza dunha persoa que estaba desprazada.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...