HomesociedadeDispositivo especial de tráfico das Festas de Monforte

Dispositivo especial de tráfico das Festas de Monforte

Desde o 7 de agosto están en marcha medidas propias do dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas Patronais que se desenvolven do 11 ao 16 de agosto. A primeira foi o peche do estacionamento do Parque dos Condes para a instalación das barracas e atraccións das festas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde esta fin de semana quedou tamén suprimido o estacionamento na rúa da Compañía e no Paseo de Lugo. Tamén se suprimiu o estacionamento na marxe dos pares da rúa Dalmiro de la Valgoma, que permanecerá habilitada como vía de dobre sentido de circulación durante todos os días das festas.

Desde o día 11 ó 16 de agosto, ambos incluídos, desde ás 18:00 horas ata a finalización das actuacións, que se estiman aproximadamente ás 04:00 horas, o tráfico estará cortado na súa totalidade na rúa Compañía, así como no tramo de Escultor Francisco Moure que vai dende o seu inicio ata a confluencia coa rúa Sarria. No tramo de rúa Compañía que vai dende a bifurcación ata o Paseo de Lugo, o tráfico estará cortado as 24 horas, permitíndose o paso pola mañá dos días laborables a residentes e vehículos comerciais para carga e descarga.

Nese horario, o tráfico procedente do centro cidade será cortado na glorieta de Ponte Fontecha e desviado por Roberto Baamonde – Av. Galicia – rúa Sarria/Celso Emilio Ferreiro e para acceder a Carude e A Pinguela seguirá por rúa Dalmiro de la Valgoma que estará en dobre sentido de circulación.

O venres día 15 de agosto, o tráfico de subida ao conxunto monumental de San Vicente desde o Campo da Virxe estará cortado desde as 10:00 h. ata a finalización dos actos de misa e ofrenda floral que se estima será sobre as 13:00 horas e dende as 23:30 horas ata a finalización do lanzamento dos fogos artificiais que se estima será sobre as 00:45 horas, tamén se prohibirá o estacionamento na subida.

O sábados día 16 de agosto, desde as 23:00 h ata a finalización dos fogos do río, que se prevé sobre a 00:40 da madrugada do día 17, estará cortado o tráfico  en todo o Paseo do Malecón, así como na Ponte Vella e nas rúas de acceso a esta (Méndez Casal desde Campo de San Antonio) e Santa Clara desde o enlace con rúa Corredoira.

Igualmente, todas as datas das festas pecharase a rúa Duquesa de Alba entre ás 00:00 e as 08:00 h.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...