Homesociedade350 persoas na I Andaina Noite de Estrelas en Quiroga

350 persoas na I Andaina Noite de Estrelas en Quiroga

Preto de 350 persoas participaron a finais da pasada semana na primeira edición da Noite de Estrelas, unha andaina nocturna solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Organizada pola  área de deportes do Concello creouse este novo evento deportivo, seguindo a estela da Night Trail e Night Run, pero esta vez soamente Andaina.    

O prezo da inscrición foi de 5 € para os adultos e 3 € para os menores de 15 anos. A recadación entregábase integramente á Asociación Española Contra o Cancro (1.487€), a través dun cheque simbólico que recollía a representante desta asociación en Quiroga, M. Carmen Aira.

       I Andaina Noite de Estrelas / Concello de Quiroga

E unha vez realizada a parte solidaria comezaba a saída  dende a praza de España, para dirixirse pola rúa Real ata a praza Maior dende onde irán por Pacios de Mondelo, o camiño do Regueiral, a Ermida e San Vitoiro, para coller a pista do monte da Conchada  recorrendo uns 7 km, nun recorrido de nivel fácil. A volta para Quiroga sería pola zona da Praza Maior.

Un recorrido cunhas bonitas vistas nocturnas de Quiroga no que os participantes empregarían preto de dúas horas para volver ao punto de partida.

I Andaina Noite de Estrelas / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...