HomesociedadeO incendio de Larouco segue avanzando por Quiroga e Valdeorras

O incendio de Larouco segue avanzando por Quiroga e Valdeorras

A Serra do Courel vólvese a ver ameazada polos lumes despois de padecer en xullo do 2022 o que ata este mes de agosto fora o maior incendio de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa este luns pola mañá de nove incendios forestais que se manteñan activos en Galicia. Todos na zona centro oriental da provincia de Ourense, despois de arrasar 62.000 hectáreas de terreo. Todos os focos activos orixináronse na provincia de Ourense, chegando a afectar ás provincias de Zamora e Lugo.

Precisamente na provincia de Lugo entrou o venres polo concello de Quiroga chegando ata a zona da Seara, o incendio que se iniciara na tarde do día 13 en Larouco. Segundo as últimas estimacións afecta arredor de 15.500 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Petín, Quiroga, A Rúa, Vilarmartín de Valdeorras, Rubiá e O Barco de Valdeorras. Este foi o lume que máis avanzou nesta pasada noite. Na súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 27 técnicos, 84 axentes, 110 brigadas, 94 motobombas, 10 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 9 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Facebook Concello de Quiroga

O lume de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso tamén continua activo afectando a unhas 17.500 hectáreas nos concellos de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Este incendio iniciábase o día 8 ás 12.51 horas no concello de Chandrexa, parroquia de Requeixo, o día 12 comezaría outro na parroquia de Parafita. O día 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que permanecía estabilizado desde a noite do luns 11, iniciárase na tarde da véspera. Todos se uniron nun só lume.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 130 axentes, 157 brigadas, 98 motobombas, 15 pas, 14 unidades técnicas de apoio, 22 helicópteros e 21 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Seguen activos os incendios de Oímbra e Xinzo de Limia que despois de unirse levan arrasado 12.000ha; A Mezquita-A Esculqueira con 10.000 ha. ardidas e os de Maceda, os tres que afectan a Vilardevós, o de Carballeda de Avia e Beade.

A consellería do Medio Rural ten en marcha un operativo de emerxencia para garantir a subministración de alimento para os animais das explotacións gandeiras afectadas polos incendios forestais. Esta medida vaise a realizar a través dunha contratación de emerxencia coa empresa pública TRAGSA, xunto con distintas entidades do sector. A Xunta asumirá na súa totalidade os custos derivados desta medida como son o propio alimento, o transporte e a distribución da comida.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...

636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do Parque dos Condes

O procedemento de contratación abriuse o pasado mes de outubro coa licitación do contrato,...

Seis comercios da Comarca de Sarria melloran a súa competitividade con axudas da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Sarria a tenda...

Comeza a montaxe do equipamento deportivo do novo Ximnasio da Pinguela

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron os traballos de montaxe do equipamento deportivo do...