HomesociedadeConcerto de 'Dinosaurios' na terraza de Las Vegas en San Clodio este...

Concerto de ‘Dinosaurios’ na terraza de Las Vegas en San Clodio este sábado

O Hotel-Restaurante Las Vegas, en San Clodio, vivirá outra velada nocturna de música en directo da man do grupo de pop-rock monfortino ‘Dinosaurios’, este 23 de agosto ás 23:00h con entrada de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto será, como todos os que se fixeron en xullo e agosto, de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’. Este emblemático lugar foi en tempos un popular lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

Dinosaurios é un grupo de Monforte de Lemos que fai versións de pop-rock en castelán cun repertorio no que se atopan principalmente cancións do panorama musical dos 80-90 aínda que tamén se inclúen algúns máis actuais. Así, o público pode escoitar dende ‘Radio Futura’, ‘Leño’ e ‘Los Ronaldos’, ata ‘M Clan’ ou ‘Los Zigarros’.

A banda compóñena: Mani á batería e coros, Manu Valverde no baixo e coros; e Tiji á guitarra e voz.

Despois de catro anos en activo suman un gran número de concertos funcionando moi ben os seus directos cun son sólido e contundente. Cun repertorio dunha hora e corenta e cinco minutos, moi doado de recoñecer, repasan o panorama musical de grandes éxitos de varias décadas do pop-rock español.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...