HomeDeportesO incendio que afecta a Quiroga retrasa as inscricións do 'Quiroga Trail...

O incendio que afecta a Quiroga retrasa as inscricións do ‘Quiroga Trail Challenge’

A dirección do evento deportivo que se celebrará a finais de febreiro do 2026 tiña previsto abrir as súas inscricións o día 1 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os lumes que comezaron hai máis dunha semana, e que afectan a diversos núcleos do Concello de Quiroga e parte importante do percorrido do Quiroga Trail Challenge, fixeron que a organización desta popular proba deportiva non dubidara en atrasar as inscricións.

O incendio, que chegou a Quiroga dende Larouco, está catalogado xa como o máis grande da historia en Galicia ocasionando graves danos nos percorridos da proba. Este feito levou aos organizadores a adiar as inscricións e esperar ata poder valorar o alcance e gravidade da catástrofe. “Nestes momentos o primordial é garantir a seguridade das persoas e os pobos”, comentaba Blas Rodríguez, organizador do QTC. “Os incendios arrasaron parte do percorrido polo que transcorren varias das carreiras do sábado e para empezar coa apertura das inscricións é imprescindible coñecer con exactitude como se van a desenvolver esas distancias en quilómetros, percorridos, desnivel, tipo de terreo…” explica tamén Blas.

ALTERNATIVAS E CONTINUIDADE DA PROBA

“Non podemos ofertar carreiras que agora mesmo non sabemos se se van poder realizar. A gran vantaxe é que contamos sempre coa alternativa de volver realizalas nas montañas do Lor que, por sorte, nesta ocasión non se viron afectadas; deste xeito, evitariamos as zonas queimadas”, refire Blas Rodríguez.

O que aseguran dende a organización é a continuidade do evento que se celebrará o 28 de febreiro e o 1 de marzo do 2026, contando sempre co apoio do Concello de Quiroga como coorganizador e do resto dos seus patrocinadores. Ao longo do mes de outubro anunciarán a nova apertura de inscricións, así como os cambios que consideren oportunos, e mentres desexan que mellore a situación actual e se pare o desastre ambiental.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...