HomeSucesosQueda en liberdade o garda civil que provocou a morte dun policía...

Queda en liberdade o garda civil que provocou a morte dun policía local de Monforte tras unha persecución

Publicado o

- Advertisement -

A xuíza do Tribunal de Primeira Instancia de Monforte de Lemos decretou a posta en liberdade do garda civil que conducía o coche ao que perseguiron dous axentes da Policía Local que tiveron un accidente e no que morreu un deles, Eusebio Custa Díaz.

Como medida cautelar, a xuíza impúxolle a retirada do carné de conducir despois de que o detido se acollese ao seu dereito a non declarar. O home está a ser investigado, polo momento, por negarse a someterse ás probas de alcoholemia e desobediencia, aínda que non se descarta que os delitos “poidan variar ao longo da instrución”.

O axente da Policía Local faleceu “en acto de servizo” na madrugada deste sábado un accidente tras unha saída de vía durante unha persecución a un condutor, un garda civil de 52 anos, que se deu á fuga tras ser requirido para un control de alcoholemia. Tras ese mesmo suceso, o policía compañeiro do falecido foi ingresado no hospital, pero a súa vida non corre perigo.

FEITOS

A patrulla de servizo da quenda de noite do venres 22 de agosto atopábase na rúa Leopoldo Calvo Sotelo, á altura da ligazón coa rúa Lagares, realizando un control de documentación, segundo recolle o informe policial. Alí, observaron un vehículo cunha condución anómala, polo que ordenaron a súa detención, o que o condutor inicialmente realizou.

A continuación, solicitáronlle a documentación, cando percibiron a existencia de síntomas de estar a conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas, polo que o requiriron para realizar unha proba de detección alcohólica.

A partir deste momento o condutor increpou aos axentes e tratou de impedir a práctica da proba, ata que finalmente abandonou o lugar a toda velocidade. Os axentes procederon a perseguilo, o que desembocou nunha saída de vía á altura da igrexa de Ribas Altas, onde o vehículo policial golpeouse cunha edificación da marxe dereita. O policía que conducía faleceu no acto. O outro, Francisco Cao de Jesús, permanece ingresado no Hospital Comarcal.

LOITO OFICIAL DE TRES DÍAS

Os axentes solicitaron a colaboración de Policía Nacional cando iniciaron a persecución, sendo unha patrulla deste corpo os primeiros en chegar ao lugar do accidente quen prestaron a primeira asistencia. Tamén contaron coa axuda de axentes da Garda Civil. Ante o suceso, o alcalde, José Tomé, que lamenta unha “profunda dor” polo deceso, decretou loito oficial durante tres días.

ÚLTIMAS

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesario”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...

Monforte resolve as axudas para deportistas individuais e a celebración das festas dos barrios e parroquias

No caso das subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias, o...