HomesociedadeSuspéndense os catamaráns do Sil para favorecer a extinción do lume da...

Suspéndense os catamaráns do Sil para favorecer a extinción do lume da Pobra do Brollón

Estase tratando de dirixir o lume cara ao río á altura do Fuluxento para favorecer a extinción. Esta estratexia fai que se suspendan as rutas en catamarán polo río Sil. A institución provincial responde así á petición do Posto de Mando Avanzado da Xunta de Galicia, encargada da coordinación e xestión da extinción dos incendios forestais, para permitir que os hidroavións poidan recargar con seguridade os depósitos de auga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as últimas estimacións, o incendio que comezou este luns na parroquia de Abrence, na Pobra do Brollón leva arrasadas unhas 800 hectáreas.

A información recibida do centro de mando a última hora desta mañá, falaba de que o 70% do incendio estaba perimetrado e non presenta risco para os núcleos de poboación do municipio da Pobra do Brollón.

Estase tratando de dirixir o lume cara ao río á altura do Fuluxento para favorecer a extinción. Esta estratexia fai que se suspendan as rutas en catamarán polo río Sil durante este martes e mañá. A institución provincial responde así á petición do Posto de Mando Avanzado da Xunta de Galicia, encargada da coordinación e xestión da extinción dos incendios forestais, para permitir que os hidroavións poidan recargar con seguridade os depósitos de auga.

Esta medida para facilitar os labores de extinción dos lumes, prolongarase os vindeiros días en caso de ser necesaria e as persoas que se vexan afectadas poderán optar á devolución do importe do billete.

Catamarán Ribeira Sacra / Deputación Provincial

No incendio da Pobra do Brollón decretouse a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade aos núcleos de Golmar, nesta mesma localidade; e nos de Conceado e San Pedro, xa no municipio veciño de Quiroga. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 7 técnicos, 32 axentes, 39 brigadas, 36 motobombas, 5 pas, 5 helicópteros e 12 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Estase a contar tamén coa colaboración de bombeiros dos consorcios provinciais, bombeiros municipais, GES e servizos de emerxencias locais.

Medio Rural vén de desactivar a Situación 2 en toda a provincia de Ourense. A maIores, está activo un novo incendio forestal no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de San Pedro de Río, que segundo as últimas estimacións rolda as 20 hectáreas. Neste momento son catro os incendios activos en Galicia de máis de 20 hectáreas afectadas, tendo en conta o da Fonsagrada, o da Pobra do Brollón-Abrence, o de Avión-Nieva e o de Carballeda de Valdeorras-Casaio.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...