HomesociedadeControlado o salto do incendio da Pobra do Brollón a Ribas de...

Controlado o salto do incendio da Pobra do Brollón a Ribas de Sil

O lume saltou pola tardiña o río Sil, preto da desembocadura do río Lor e dende a ladeira pola que avanzaba cara as viñas de Vilachá. Do seu control ante a posible ascensión pola ladeira oposta informa o concello de Ribas de Sil nas súas redes sociais, e con toda a cautela posible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O incendio orixinado o luns 25 na Pobra do Brollón, e que pasou ao Concello de Quiroga nun avance vertixinoso e temible pola Labrada –saltando incluso a N-120 e o río Lor por varios puntos avanzando cara a localidade de Covas– achegábase esta tarde a Transmonte, na parroquia de Vilachá.

Unha mala nova dábase na tardiña deste martes 26 cando as lapas atravesaron o Sil chegando a prender da outra beira, nas proximidades da aldea de Castro de Abaixo, xa no Concello de Ribas de Sil. De xeito inmediato traballaron varios helicópteros e medios terrestres conseguindo controlar o lume. Esta información vén de ser publicada na páxina de Facebook do Concello de Ribas de Sil e indican, “sempre con cautela”, ante posibles cambios de circunstancias, e tendo en conta que a vixilancia manterase en todo momento.

Pola súa banda, dende o Concello da Pobra do Brollón informan que “a situación do incendio no municipio mellorou, sen presentar perigo para ningún núcleo de poboación. As viñas cultivadas da ribeira de Vilachá tamén están intactas. Agárdase que a tendencia continúe a mellor, aínda que se estará pendente da evolución do lume durante a noite”.

A circulación nas estradas está restablecida, despois dos cortes que onte afectaron á LU-933 e á N-120. O tráfico ferroviario continúa interrompido entre San Clodio-Quiroga e A Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...