HomesociedadeChantada celebrou unhas "Festas Patronais redondas", asegura o alcalde

Chantada celebrou unhas “Festas Patronais redondas”, asegura o alcalde

A climatoloxía acompañou e todo se desenvolveu con normalidade nun ano no que nunca tanta xente se viu nas actividades como explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, “Saiu todo extraordinariamente ben, felicitei ao concelleiro de Cultura e a todo o persoal do concello que colaborou no bo desenvolvemento da Festas porque saíron redondas. Foi ademais o mellor ano de asistencia de público, a Festa da Empanada estaba abarrotada”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada celebrou do 21 ao 26 de agosto as súas Festas Patronais na honra á Virxe do Carme, seis días de actividades nos que as propostas musicais foron as protagonistas, contando con gran asistencia de público. Segundo o alcalde, xa en xullo chegou moita xente a Chantada, “Nunca vira tanta xente en Chantada e todo o mundo falando marabillas. Chantada é un polo de atracción turística, cada vez nos visitan máis e nos coñece máis xente. Funciona moito o boca a boca e as persoas que nos visitan falan do paseo fluvial, da zona antiga, dos balcóns adornados, do Folión de Carros, da Ribeira Sacra”.

Os primeiros concertos das Festas Patronais, tiveron lugar o xoves, 21 de agosto, na Praza de Catro Camiños, onde actuarían La Disquetera e Son de Rosas. O segundo día a música trasladaríase á Praza do Pavillón para celebrar o “Ata o Chan Festival”. O festival de DJ,s, que cada ano achega a Chantada artistas de primeiro nivel, resultou un éxito, “O Ata o Chan Festival foi un éxito, tanto de participación como no bo desenvolvemento do evento, polo que agradecemos o traballo da organización con Rubén González á cabeza”, destaca o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez.

Verbena Patronais Chantada 2025/ Concello de Chantada

Un dos días centrais das Patronais do Concello de Chantada foi o sábado coa celebración do Folión de Carros e a lectura do pregón, que daría Roberto Fernández, o fillo de Xilberto de San Pedro. Ofrecería un dos pregóns máis emotivos pola vinculación coa propia historia do Folión. Un desfile, o desta edición que o alcalde cualifica de “tremendamente estupendo”, polas características das propostas e o dinamismo co que se desenvolveu toda a axenda do desfile e actos posteriores.

O punto e final ás Festas Patronais de Chantada púxose este martes, festivo local no Concello e un día no que veciños e visitantes aproveitaron para saír á rúa. Durante o día ao Campo do San Lucas para celebrar a Festa da Empanada e pola noite nos concertos que despedirían as Festas na Praza de Santa Ana e en Xoán XXIII, “Na Festa da Empanada e nas actuacións da noite houbo moitisima participación. Coa Festa da Empanada seguiremos traballando para que se use máis o servizo de autobús e haxa menos vehículos, pero todo funcionou sen incidencias e coa cantidade de xente que tivemos hai que felicitar a todo opersoal do Concello que colaborou na organización. Sin eles non sería posible facer isto”, asegura o concelleiro de Cultura.

Festa da Empanada 2025 / Concello de Chantada

No balance da edición deste ano destaca tamén o éxito do XXXIV Certame de Bandas de Música que se celebrou o domingo na Paza do Cantón coa participación da Banda de Música de Chantada, a Banda de Música de Lantaño e a Banda de Música da comarca de Sarria. O Concello de Chantada pecha estas Festas coa cancelación da sesión de Fogos Artificiais, ante a vaga de lumes que se viñan padecendo. A organización agradece o apoio recibido por esta medida.

Verbena Patronais Chantada 2025/ Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...