HomesociedadeO Xeocamping Courel abre as portas aos primeiros usuarios

O Xeocamping Courel abre as portas aos primeiros usuarios

Segundo indican dende o Concello de Ribas de Sil, "este é o primeiro camping temático de Galicia, unha figura de recente creación da Xunta para recoñecer espazos únicos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A esperada apertura e posta en funcionamento do ‘Xeocamping Courel’ de San Clodio foi posible xa estes días co aloxamento das primeiras familias.

Este é, segundo indican dende o Concello de Ribas de Sil, “o primeiro camping temático de Galicia, unha figura de recente creación da Xunta para recoñecer espazos únicos”. O espazo creado para reforzar o aloxamento de visitantes e turistas está ademais ligado á promoción do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. E conta cunha peculiaridade engadida, ser o único camping do mundo cun museo no seu interior: o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana, único tamén en Galicia.

Xeocamping. Foto: XMF

As instalacións, xestionadas pola cooperativa de educación ambiental Aventeira, contan con: 8 bungalós totalmente equipados, zona para tendas de campaña, área para autocaravanas, piscina e parque infantil. Unha distribución de espazos idónea para o turismo familiar. A capacidade actual do Xeocamping é de 96 persoas, sen desbotar no futuro a posibilidade de ampliación.

O proxecto, iniciado no 2017, saíu adiante co esforzo do Concello de Ribas de Sil e coa colaboración da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

ACTIVIDADES TEMÁTICAS SOBRE O XEOPARQUE

Aventeira, a cooperativa de educación e lecer adxudicataria do complexo residencial turístico –por dez anos– non ten ánimo de lucro e encargarase, ademais da xestión, de organizar actividades vinculadas ao Xeoparque. Deste xeito, contémplase que reciban escolares ao longo do ano para realizar con eles actividades educativas, que organicen roteiros guiados, talleres de interpretación da paisaxe, etc, co obxectivo de contribuír á desestacionalización do turismo.

Neste novo camiño, dende o concello deséxanlle moita sorte a Aventeira e afirman que “estamos convencidos de que o seu traballo será clave para o desenvolvemento turístico e económico do xeoparque UNESCO Montañas do Courel”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...