HomeMedio ambiente e PatrimonioSon necesarias accións de conservación na Capela da Virxe de Guadalupe, no...

Son necesarias accións de conservación na Capela da Virxe de Guadalupe, no Saviñao?

O BNG vén de instar á Xunta a desenvolver as accións necesarias para a conservación e posta en valor desta capela, demanda unánime do Pleno do Concello do Saviñao, pero que agora o PP na Xunta rexeita.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG do Saviñao solicitaba, na moción presentada a pleno, instar á Consellería de Cultura e Turismo a realizar un estudo de conservación da Capela da Virxe da Guadalupe e unha diagnose das intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor. A moción aprobouse por unanimidade e, esta semana, o BNG defendía unha iniciativa, na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, para instar a Xunta de Galiza a desenvolver as accións necesarias para a conservación e posta en valor da Capela. O Partido Popular rexeitou a iniciativa asegurando que a Xunta de Galiza intervirá sobre os bens patrimoniais do BIC Ribeira Sacra de maneira xerarquizada e priorizada.

Para Olalla Rodil, o compromiso coa Capela da Virxe da Guadalupe vai máis alá de que o Goberno galego desenvolva un Plan de investimentos no BIC, polo que avazou que o BNG estaría “vixiante” para que eses investimentos cheguen realmente e contribúan á recuperación e posta en valor do patrimonio da Ribeira Sacra, a comezar pola Capela da Virxe da Guadalupe.

A Capela, ubicada na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, fai parte do conxunto de bens inmóbeis incluídos no expediente de catalogación da Ribeira Sacra como BIC.  O templo foi construído no século XVIII e, na actualidade, presenta un nal estado de conservación, principalmente na súa fachada.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...