HomesociedadeCastro Caldelas celebra a 'Festa dos Remedios'

Castro Caldelas celebra a ‘Festa dos Remedios’

Os festexos serán do 6 ao 10 de setembro salientando, ademais da ampla oferta musical e festiva, a tradición da 'Noite das bandeiras' e a 'XXVIII Feira Concurso de Gando Bovino'.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Castro Caldelas comeza a conta atrás para a súa esperada celebración das ‘Festas dos Remedios’. Como previa, o día 6 de setembro a partir das 12:00 h. da noite vívese o ritual coñecido como “A Noite das Bandeiras”. Os mozos e mozas colocan polas rúas da vila uns 16 quilómetros de bandeiriñas de papel de seda feitas nos días anteriores de forma artesanal. A tarefa realízase nun gran ambiente e en compañía da música de charanga e gaiteiros.

Ao remate, a altas horas da madrugada, os participantes que aguantan degustan empanada, Bica Manteigada, licor café e viño da Ribeira Sacra.

PROGRAMA DE FESTAS 2025

O domingo 7 de setembro ás 12:00 h. haberá un pasarrúas e concerto a cargo da Banda de Ramirás, Airiños de Caldelas e Os Trabazos. Tamén haberá unha ofrenda á Virxe dos Remedios e ás 20:00 h. unha misa presidida polo Bispo de Ourense. Pola tarde concerto da Banda de Ramirás e verbena coa orquestra Los Player’s. Xa pola madrugada, fogos de artificio.

Para os días 8 e 9, misa e procesión na honra da Virxe dos Remedios ás 12:30 h. e pasarrúas con diferentes formacións. O día 8 actúan Vilanova dos Infantes, Airiños de Caldelas e Os Trabazos; e o 9 a cargo da charanga Tattoo. Para amenizar as verbenas, o luns estará no escenario a orquestra Trebol, e o martes Metrópolis.

O día 10 de setembro, ademais da Misa polos Cofrades Defuntos ás 13:00 h. e pasarrúas coa charanga Tattoo, celébrase a XXVIII Feira Concurso de Gando Vacún no recinto do Toural. Haberá exposición e premios para as razas Rubia Galega, Caldelá e Vianesa. Ademais tamén se poderá vivir unha subasta de novelas, desfile de carros tradicionais e xogadas de bois polas rúas da vila.

Cabezudos. Festas dos Remedios. Foto: Concello de Castro Caldelas.
O Irrio na procesión. Foto: turismo.ribeirasacra.org
O IRRIO, PRESENTE NAS PROCESIÓNS

O “IRRIO PELIQUEIRO” de Castro Caldelas é unha emblemática figura que acompaña as procesións na honra á Virxe dos Remedios neste mes de setembro durante as festas (sae o día 7 dirixindo a banda e despois cada día na procesión). Este personaxe só se pode ver en vivo neste momento do ano e a tradición pode remontarse á Idade Media, xa que hai evidencias de que o seu traxe pagábase en maravedíes, moeda usada durante os séculos XII e XIII.

A persoa que o encarna oculta a súa identidade cunha barbada máscara de madeira e vestido cun frac, no que resaltan os grandes botóns. Vai provisto dunha tamén dunha vara coa que persigue e golpea á xente, o cal está entre os seus curiosos dereitos. É moi respectado e dispón, incluso con carácter oficial, dos seus propios foros, dados en Castro Caldelas aos sete días do mes de setembro de 1951, polo rexedor da vila.

Sobre a súa orixe e significado hai un abano de opinións. Uns pensan que representa a nobreza, outros veno como un defensor da xente do común, e incluso hai quen afirma que pode simbolizar ao Demo.

Vicente Risco dicía que a súa orixe era totémica, relacionada coas mascaradas prehistóricas arraigadas na cultura popular, e que ao non poder ser destruídas pola Igrexa, integrounas. Pensaba tamén que podía ser un cobrador de impostos ou un defensor do pobo.

O IRRIO. Foto: turismo.ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...