HomeCulturaSon de Corda este 6 de setembro na igrexa de San Pedro...

Son de Corda este 6 de setembro na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital

O Concello do Incio colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que este sábado presentan o novo proxecto 'Na Casa Delas' na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación terá lugar ás 19:00h con estrada de balde ata cubrir aforo. Con este concerto dáse continuidade a ‘Na Casa Deles’, neste caso co cuarteto vocal ‘Son de Corda’ con poemas musicados de Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo. Tamén se vai proxectar un vídeo coa visita á casa de cada unha das poetas.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, agradece a colaboración da Diócese de Lugo coa celebración deste concerto.

Programa:

  • Anquises. Poema de Olga Novo. Música de Carme Rodríguez
  • Ovellas. Poema de Olalla Cociña. Música de Carme Rodríguez
  • Vogar Poema de María Mariño. Arranxo para piano de Aida Saco Beiroa
    Arranxo para cuarteto vocal Fernando G. Jácome
  • Nalgures. Poema de Marica Campo. Arranxo para piano de Paulo Borges, transcrito por Aida Saco. Arranxo para cuarteto vocal Fernando G. Jácome. Música de Uxía Senlle
  • Cantiga da Caniza. Tradicional. Composición de A. Jaunsarás. Arranxo para piano de Ana V. Silva
  • Estou amor aquí. Sobre o poema Manco o sol que regresa da xanela, de Xela Arias. Música de Xulio Domínguez
  • Far blues. Poema de Luz Pozo. Música e arranxo de Federico Mosquera Martínez

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...