HomesociedadeVisibilizando a ELA no Camiño de Santiago

Visibilizando a ELA no Camiño de Santiago

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, acompañou este venres ao grupo de peregrinos que percorren estes días o Camiño de Santiago para darlle visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Nesta xornada fixeron o tramo entre Furela (Samos) e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A peregrinación conta coa colaboración da Xunta, que apoia ás persoas diagnosticadas con esta doenza con medidas pioneiras, como a concesión dunha prestación económica anual de 12.000 euros para afrontar os custos derivados da enfermidade. As axudas deste ano xa foron convocadas e están en prazo de solicitude ata o 3 de novembro.

Así mesmo, a Administración galega ten un convenio de colaboración coa Asociación Galega de ELA (Agaela) polo que contribúe a financiar a contratación de personal especializado para atender a pacientes a domicilio en toda Galicia.

ÚLTIMAS

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...