HomesociedadeTaller de memoria para maiores de 50 desde este 11 de setembro...

Taller de memoria para maiores de 50 desde este 11 de setembro en Quiroga

O 11 de setembro comezará un novo obradoiro de memoria organizado entre o Concello de Quiroga e a asociación AFAMON, co obxectivo de contribuír a que as persoas poidan gozar dun envellecemento o máis activo posible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro dirixido a persoas maiores de 50 anos que non presenten deterioro cognitivo significativo, ten como obxectivo contribuír a que as persoas maiores poidan gozar dun envellecemento o máis activo posible, mantendo as capacidades cognitivas das persoas maiores, previndo situacións de dependencia e detectando precozmente o deterioro cognitivo nas persoas maiores.

O obradoiro desenvolverase todos os xoves na Casa da Cultura, entre as 18:30 e as 20:00. Durante o transcurso do taller realizaranse  diferentes actividades que incidan sobre  as diferentes áreas cognitivas, como poden ser exercicios de memoria, de razoamento, de lecto-escritura, de cálculo ou de percepción.

O número de prazas ofertado é de 22. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición na cafetería do centro en horario de tarde. A actividade ten un custo de 7€ para socios e de 12 € para non socios do Centro Social.

 

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...