HomeDeportesQuixós, terceiro na 'Copa Galega de Promoción de Slalom'

Quixós, terceiro na ‘Copa Galega de Promoción de Slalom’

Foi este pasado sábado, 6 de setembro, en Olveira, Concello de Dumbría.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós apura a tempada este mes con varias probas competitivas nas que participan os seus piragüistas. Os máis novos competían este pasado sábado nas augas do río Xallas, concretamente no Campo de Slalom de O Couquiño, na localidade de Olveira, Concello de Dumbría. Facíano na ‘Copa Galega de Promoción de Slalom’.

A proba, que se desenvolveu en horario de tarde, estivo marcada por cortes de auga do Encoro da Fervenza, que nutre ao río Xallas; e por erros nos tempos recollidos pola organización na segunda manga –que seica alteraron os resultados finais–.

Ao remate da competición, o Club Quixós de Monforte quedou en terceira posición por equipos e acadou un total de 6 medallas individuais. Os piragüistas que subiron ao podio foron: Antón Liñares, con 2 medallas (prata en C1 e K1 infantil); Lucas Pavón (prata en K1 infantil); Xoel Fernández (bronce en C1 infantil); Manuel (bronce en K1 alevín); e Breixo Fernández (ouro en K1 benxamín).

Así quedou, logo, o medalleiro individual a falta de posibles reclamacións polo erro nos tempos contabilizados na 2ª manga.

Foto de familia dos participantes e preparadores do Club Quixós. Foto: XMF.
CANCELACIÓN PROBAS

As competicións que tiñan que celebrarse a vindeira fin de semana no mesmo lugar, e nas que tiña participación o Quixós, ‘Campionato de Galicia de Slalom’ e ‘Campionato de Galicia de Slalom Cross’, veñen de quedar suspendidas e pasarán a disputarse no mes de decembro de 2025.

Un piragüista do Club Quixós salvando unha das portas do percorrido do río Xallas. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...