O Concello de Monforte ofrece un total de 283 prazas para inscribirse en diferentes disciplinas que ofrecen para o curso 2025-2026 as Escolas Deportivas Municipais. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de setembro.
As persoas interesadas poderán solicitar 1 actividade, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas, e o custe por modalidade e alumno/a é de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Para as inscricións deberá presentarse a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal. O mércores 24 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades, que se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes
Actividades para nenos e nenas:
Golf: 18 prazas
Pádel: 30 prazas
Kung Fu: 15 prazas
Zumba infantil: 20 prazas
Actividades para adultos:
Ximnasia de mantemento: 80 prazas
Tai Chi: 40 prazas
Ioga: 60 prazas
Zumba: 20 prazas
MÚSICA E DANZA
O Concello de Monforte vén de abrir tamén o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2025-2026.
O curso dará comezo o luns, 16 de setembro de 2025, e rematará o venres 12 de xuño de 2026.
Para realizar a inscrición, interesadas e interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, ou ben a través da Sede electrónica do Concello.
ESPECIALIDADES
Escola Municipal de Música
Percusión Moderna: batería, bongós… / Percusión tradicional galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro / Teclado / Violín / Guitarra / Gaita, Clarinete, Frauta, Saxofón / Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba/Bombardino / Canto Coral / Canto tradicional galego: canto con pandeireta / Linguaxe musical /
Escola Municipal de Danza
Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
Ballet clásico: a partir de 5 anos.

