Homesociedade92 actuacións de rehabilitación están en marcha na zona ARI de Monforte

92 actuacións de rehabilitación están en marcha na zona ARI de Monforte

A Xunta de Goberno do Concello de Monforte aprobou a prórroga ata o 31 de decembro de 2026 nas actuacións da Fase 11ª de intervención na Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións da fase 11ª de intervención na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos tiñan como data de finalización o 26 de outubro de 2025.

Nesta fase do programa concedéronse axudas para un total de 19 actuacións cunha financiación de 136.440,47 euros do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana e 25.718,91 do IGVS. Trátase de 18 proxectos de Rehabilitación de vivendas e 1 de Renovación, coa demolición da edificación existente e nova construcción.

Das 19 actuacións recollidas na Fase 11ª, están finalizadas 15, polo que o prazo de ampliación afecta aos catro proxectos que se atopan actualmente en proceso de execución, concretamente, nas rúas Doctor Casares, Santa Clara (2) e Abeledos.

Axudas ARI

O programa de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas localizados na ARI do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos é froito do convenio asinado entre o Goberno central, o IGVS e o Concello de Monforte de Lemos para financiar estas actuacións.

O Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana aporta o 40% do orzamento de cada actuación. Na modalidade de Rehabilitación con ata un máximo de 8.000 euros por proxecto e de 12.000 euros no caso de que a intervención incorpore melloras de eficiencia enerxética. Na modalidade de Renovación, a aportación máxima é de 30.000 euros. O IGVS achega o 10% do custe, cunha achega máxima de 4.000 euros por actuación. O Concello de Monforte financia os servizos da Oficina de Rehabilitación, ademais de bonificacións no ICIO .

Actualmente están activas tres fases do programa de axudas á Rexeneración e Renovación Urbana que suman 92 actuacións no ámbito da ARI:

  • Fase 11ª. Comprende 19 actuacións (18 de Rehabilitación e 1 de Renovación). 15 de elas xa finalizadas e catro atópanse en proceso de execución.
  • Fase 12ª. Subvenciónanse 29 actuacións de Rehabilitación. 27 están executadas e 2 en proceso de execución.
  • Fase 13ª. Acolle 44 actuacións (40 de Rehabilitación e 1 de Renovación). Catro rehabilitacións están xa finalizadas e o resto están actualmente en execución.

Na actualidade, e ao abeiro do Plan Estatal de Vivienda 2022-2025, está aberta a convocatoria de axudas para actuacións a nivel de barrio, no entorno residencial de rehabilitación programada de Monforte de Lemos (ERRP Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos), financiada con Fondos Next Generation.

A partida económica destinada a este programa é de 700.000 euros e comprende actuacións que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, e supoñan unha reducción de, polo menos, un 35% na demanda enerxética anual de calefacción e refrixeración.

O prazo para a solicitude destas axudas está aberto ata o 30 de decembro de 2025 e a data límite para a finalización das obras subvencionadas é o 30 de xuño de 2026.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...