HomePolíticaO PP lamenta que o complexo turístico de Augas Mestas "sume 18...

O PP lamenta que o complexo turístico de Augas Mestas “sume 18 veráns pechado”

Ameijide subliñou durante a visita ás instalacións situadas na confluencia dos ríos Sil e Lor xunto ao deputado provincial Héctor Corujo, a presidenta do PP de Quiroga, Rosa Arza, e o portavoz municipal, Adrián González, que “somos escépticos con respecto ás intencións do goberno provincial. Non se sabe nin o proxecto, nin a que se vai dirixir, nin en que condicións. Recentemente tiñamos coñecemento de que quedou deserta a licitación para a contratación de subministro para o equipamento xeral do campamento turístico".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O complexo de Augas Mestas foi inaugurado en 1996 na confluencia dos ríos Lor e Sil, no entorno da Ribeira Sacra e do xeoparque Montañas do Courel, e as instalacións dispoñen de zona de acampada, bungalows, outras construcións de pedra, piscinas – unha para adultos e outra para nenos-, edificios de servizos -recepción, restauración, vestiarios- e, incluso, un pantalán de acceso ao río para embarcacións.

“Un complexo pioneiro que debera ser referente e tractor turístico dun entorno privilexiado que leva anos esquecido polos gobernos provinciais de PSOE e BNG que suspenden en materia de impulso turístico”, segundo considera Ameijide.

Os populares apostan por “dinamizar a actividade na zona” que, ademais, se viu afectada recentemente polos incendios forestais deste verán. Dende o ámbito turístico, “a Deputación pode, dende o complexo de Augas Mestas, contribuír a xerar actividade económica coa que se favoreza o impulso de novas oportunidades”.

Ameijide cre tamén que “hai que estudar a forma de recuperar as rutas de catamarán dende o embarcadoiro de Augas Mestas que foron desmanteladas polos gobernos de PSOE e BNG”.

Así mesmo, defende a compatibilidade do uso do pantalán por parte da asociacións ou entidades asociativas co da propia actividade do complexo; despois de que “o goberno da Deputación negara sen ningún tipo de xustificación lóxica o seu uso por parte doutras entidades”.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...