HomeMovementos sociais650 participantes correron 'contra o cancro' en Monforte

650 participantes correron ‘contra o cancro’ en Monforte

Foi este pasado domingo, 14 de setembro, na IV Carreira e Andaina “Monforte en marcha contra o Cancro”. O Alcalde, concelleiros/as do Equipo de Goberno, concelleiros/as da corporación, o Presidente da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, José Manuel Rozas Bello, e outros integrantes da entidade participaron na Andaina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A IV Carreira e Andaina “Monforte en marcha contra o Cancro”, evento solidario que transcorreu por un circuíto urbano na cidade do Cabe, foi un éxito tamén neste 2025 sumando máis de 650 persoas. Esta elevada participación fixo que quedaran curtas todas as previsións da Asociación quedando sen camisetas e dorsais para os que quixeron inscribirse minutos antes da carreira e que igualmente fixeron o percorrido. Neste senso, a Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo quixo agradecer aos monfortinos e monfortinas a súa implicación con esta causa solidaria que recada fondos para a atención a pacientes e familiares e para investigación oncolóxica.

O Concello de Monforte, como cada ano, colaborou coa coa devandita entidade deseñando o percorrido desta carreira, proporcionando o servizo de ambulancia e as vallas necesarias para delimitar o circuíto, e delegando na Policía Local colaborou os traballos de corte e vixilancia do tráfico das rúas polas que transcorreu a carreira. O alcalde, pola súa banda, agradeceu a participación de toda a veciñanza.

PERCORRIDO E GAÑADORES/AS

A saída tivo lugar dende a Explanada da Compañía e continuou pola Compañía, Paseo de Lugo, Carude, San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de la Válgoma, Escultor Francisco Moure ata as proximidades do paso a nivel e regreso por esta rúa ata a Compañía; a partir de aquí xiro na glorieta de entrada ao Parque dos Condes e de novo Explanada, onde se situou a meta. Os corredores deron 2 voltas ao devendito percorrido e a proba solidaria contou con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

En categoría feminina gañaron Purificación Anegas Fernández (1ª), Sara Pérez Pallín (2ª) e Alba Lois Castillo (3ª); e na categoría masculina recibiron o trofeo Ismael Rodríguez Nieves (1º), Manoliño Besteiro Rodríguez (2º) e Serafín Rodríguez Rodríguez (3º).

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...