HomeTerra de LemossanidadeAfamon sae á rúa para visibilizar o Alzhéimer

Afamon sae á rúa para visibilizar o Alzhéimer

A entidade monfortina conmemorará o 'Día Internacional do Alzéimer' (21 de setembro) poñendo unha mesa informativa na Rúa Cardeal o sábado 20 pola mañá.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O dia 21 de setembro, co gallo do Día Mundial do Alzhéimer, a Confederación Española de Alzheimer e outras demencias (CEAFA) decidiu conmemorar esta efeméride baixo o lema “Igualando dereitos” para que os dereitos das persoas afectadas por esta condición se teñan en conta e igualen cos que xa se recoñecen a outros colectivos.

Dende a devandita entidade, reivindican o dereito a ser recoñecidos non só como persoas que conviven co Alzhéimer, senón, sobre todo, como grupo social, como colectivo, recibindo a mesma atención social e política que ata o momento se presta a outros colectivos que sufren discapacidade, enfermidades crónicas, enfermidades mentais, etc.

O ALZHÉIMER E A DEMENCIA EN DATOS

O Alzhéimer afecta en España a case 5 millóns de persoas o que equivale a preto do 11% do total da poboación española.

Datos relativos á demencia en Galicia: hai unhas 70.000 persoas con demencia, téñena 4 de cada 100 persoas e 15 de cada 100 maiores de 64 anos.

O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia nos próximos anos fan prever un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23,15% actual ao 41% no ano 2050, aparellado a un descenso xeral da poboación. O Instituto Nacional de Estatística (INE) prevé que, para o 2050, Galicia terá 1.762.249 habitantes, dos cales o 41% serán maiores de 65 anos.

ACTIVIDADES DE AFAMON

Dende AFAMON (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Monforte), súmanse a conmemorar o ‘Día Internacional do Alzhéimer’ saíndo á rúa o vindeiro sábado 20 de setembro. Ese día, de 10 a 14:00 h. poñerán unha mesa informativa na céntrica Rúa do Cardeal de Monforte que contará coa presenza de xente da directiva, voluntarios/as e traballadores/as da entidade de carácter asistencial.

Na devandita ubicación ofrecerán información sobre a enfermidade e tamén darán a coñecer a entidade e as actividades que desenvolven durante o ano. Ademais, haberá folletos informativos con consellos para coidadores/as de persoas coa enfermidade, lotaría de Nadal con donativo e unha exposición de traballos manuais realizados coa colaboración de persoas usuarias/os de AFAMON.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...