HomePolíticaO PSdeG de Taboada congratúlase dos resultados da "colaboración socialista"

O PSdeG de Taboada congratúlase dos resultados da “colaboración socialista”

O PSdeG-PSOE de Taboada celebra a finalización das obras de mellora en sete vías municipais e o avance na rehabilitación da Casa Escola de Meixonfrío para convertela nun novo local social. Estas actuacións foron posibles grazas ao convenio de colaboración asinado en novembro entre a Deputación de Lugo e o Concello de Taboada, que contou cun investimento da institución provincial de 105.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras xa completadas incluíron o arranxo de accesos a vivendas en Cadeiroás (Xián), A Casilla (Vilela), Zoás (Moreda) e Faquiós (Castelo), así como a mellora de varios tramos nas pistas que unen As Neves con Monterroso por Sambreixo e Bouzoa con Maxal. Ademais, executouse o arranxo integral da pista que conecta Friamonde e Couso, unha vía fundamental tamén como acceso ao miradoiro do Banco do Cuco, onde están previstas novas actuacións.

Así mesmo, avanzan as obras para recuperar a antiga Casa Escola de Meixonfrío, que, segundo os socialistas, “levaba moitos anos no máis absoluto abandono”, co obxectivo de convertela nun local social de referencia para a parroquia. As primeiras actuacións céntranse na cuberta e no reforzo da estrutura, e permitirán dotar á veciñanza dun espazo comunitario no que desenvolver reunións e actividades.

O alcalde e Secretario Xeral do PSdeG de Taboada, Roi Rigueira, salientou que “estas melloras resolven necesidades históricas da nosa veciñanza. Grazas ao apoio da Deputación, hoxe as parroquias contan con accesos dignos e seguros, e Meixonfrío terá pronto un local social aberto á cidadanía”.

Os socialistas lembran que “este convenio non é un feito illado, senón parte dunha colaboración continua entre a Deputación de Lugo e o Concello de Taboada”. Neste ano asináronse dous novos acordos, en marzo destináronse preto de 138.000 euros á rehabilitación do edificio da antiga Cámara Agraria, que se converterá nun local multiusos para a veciñanza. E en agosto aprobouse unha nova achega de 250.000 euros para mellorar camiños, acondicionar a contorna do miradoiro do Banco do Cuco, adquirir un novo tractor para o parque móbil municipal e reforzar distintos servizos locais.

Rigueira engadiu que “sen o compromiso socialista sería moi difícil acadar investimentos desta magnitude para o noso concello. Estas melloras amosan o valor da cooperación entre administracións socialistas: cando Concello e Deputación traballan da man, os proxectos fanse realidade e melloran a vida diaria da xente”.

Casa escola Meixonfrío / PSdeG Taboada

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...