HomePolíticaO PP esixe explicacións polos “atrasos de ata 3 anos nas obras...

O PP esixe explicacións polos “atrasos de ata 3 anos nas obras da estación de Monforte”

As obras correspondentes á primeira fase -andéns, pasos inferiores e outros elementos- deberían estar rematadas en setembro do 2022, é dicir, fai 3 anos. E as correspondentes á segunda licitación -cuberta, fachada do vestíbulo e marquesiñas dos andéns-, en febreiro deste ano 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados por Lugo Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades veñen de rexistrar formalmente no Congreso preguntas dirixidas ao Executivo para coñecer os motivos do atraso e se ten previsto esixir responsabilidades ás adxudicatarias ante os incumprimentos. Os populares lembran que “nin o Goberno nin o PSOE deron ningunha explicacións sobre outra obra de ADIF no tramo Monforte – Lugo que está baixo investigación polo caso de corrupción no PSOE da man de Koldo, Cerdán e Pardo de Vera”.

O deputado monfortino Francisco Conde asegura que “os atrasos son inasumibles” e, durante unha visita coas deputadas autonómicas Katy Varela -portavoz do PP de Monforte- e Raquel Arias, advertiron dos continuos cambios que se están producindo na organización do tráfico na praza da Estación que “están xerando preocupación aos usuarios e veciños da zona no ámbito da seguridade e a accesibilidade” e tamén “prexuízos” á actividade dos negocios do entorno”.

A portavoz municipal, Katy Varela, subliña que “as obras se están alongando demasiado, causando molestias aos veciños e prexuízos para Monforte”; pero “mentres os monfortinos se amosan preocupados polo remate das obras da estación, o alcalde mira para outro lado”.

Conde agarda que o Goberno de Sánchez aclare que seguimento realiza ADIF das obras para garantir a seguridade viaria na praza e se ten previsto adoptar medidas para paliar os efectos que o atraso das obras xera nas actividades hostaleiras.

Así mesmo, indica que as obras están xerando “preocupación” en relación á súa calidade. Son moitos os defectos que se observan a simple vista polo que xeran “moitas dúbidas sobre o cumprimento dos pregos por parte da adxudicataria”. Os populares apostan por garantir a calidade das obras e esíxenlle ao Goberno de Sánchez explicar como ten previsto adecualas aos pregos da licitación. Preguntan tamén pola posta en funcionamento de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos na praza da Estación de Monforte.

ÚLTIMAS

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...