HomesociedadeControlado o incendio que se iniciou o 18 de setembro en Pombeiro

Controlado o incendio que se iniciou o 18 de setembro en Pombeiro

O lume iniciouse o 18 de setembro ás 14.16 horas na parroquia de Pombeiro e segundo as estimacións finais afecta unha superficie de 1.805 hectáreas. A Consellería do Medio Rural informa de que quedou controlado ás 11.41 horas deste domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O lume que tamén afectou ao concello de Sober, queimou 1.517 hecáreas arboradas e 288 rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 25 técnicos, 264 axentes, 311 brigadas, 169 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Neste lume colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...