HomeMovementos sociaisPolíticos contra Gardas Civís, partido de fútbol solidario a favor da ELA

Políticos contra Gardas Civís, partido de fútbol solidario a favor da ELA

O encontro de carácter benéfico estaba promovido polo Grupo CompostELA, agrupación que naceu en 2019 por iniciativa dun grupo de peregrinos directamente relacionados coa Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA). Na formación de políticos houbo representación de concellos da Comarca de Lemos e de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de dar visibilidade á ELA e recadar fondos para financiar os gastos desta experiencia no Camiño de Santiago, a entidade CompostELA organizou este evento deportivo que enfrontou a políticos da Comarca de Lemos e Quiroga e membros da Garda Civil nun partido que se disputou o sábado 27 de setembro ás 18.30 horas no Campo Luis Bodegas.

O Concello de Monforte cedeu as instalacións deportivas e colaborou na organización deste acto solidario. O equipo denominado “Políticos United”, con participaron os concelleiros de Monforte e outros concellos da contorna, enfrontouse ó “Verdes Bremen”, integrado por membros da Garda Civil, rendendo homenaxe ao axente monfortino Germán Macía, falecido a causa da ELA. Os seus pais, Clara e Germán, asistiron tamén ao encontro e recibiron un ramo de flores das mans da capitana do equipo de políticos, a concelleira Regina López. Foi a nai de Germán Macía, Clara, quen fixo o saque de honor.

A entrada tivo un coste de 5 euros destinados a fins benéficos e púxose tamén a disposición da cidadanía unha Fila 0 para donacións.

ÚLTIMAS

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...